Persoal
132h 35m
140h
Persoal
132h 35m
Financiada por Zyte
7h 25m
Financiada pola comunidade
0m
Se ben non teño ningunha expectativa ao respecto nin intención de promovelo activamente, estou aberto a aceptar doazóns e comprometer un tempo correspondente ao mes a proxectos de programas libres da lista de embaixo.
Vivo en España e, por motivos legais, para aceptar doazóns recurrentes deberei darme de alta como autónomo, o que conleva uns gastos mínimos que non quero afrontar ata ter certa seguridade de que, como mínimo, non perderei cartos cada mes por aceptar doazóns.
Esa é a cantidade mínima que considero suficiente para que sexa improbable que acabe perdendo cartos cada mes. Calcúlase sumando os gastos fixos mensuais estimados de estar dado de alta como autónomo (cotizacións, impostos e custos administrativos) e dividindo ese total polo tempo mensual que comprometería para o traballo comunitario. Como aumenten os custos de vida (por exemplo a vivenda), os minutos por € irán diminuíndo cada ano.
Reclamarei as doazóns e comezarei a adicar 2,99 minutos / € ao mes aos proxectos listados embaixo.
Unha vez reclame as doazóns, comezarei a aceptar solicitudes para crear equipos de Liberapay asociados a grupos de proxectos concretos ou a proxectos individuais listados embaixo. Deste xeito, poderás doar a un grupo ou proxecto específico, e eu empregarei o tempo correspondente traballando nese grupo ou proxecto.
Non teño pensado dar esa opción de primeiras. Pero se te interesa, contáctame e falámolo.
Sorprenderíame moito, pero o plan é:
130h 5m
130h 5m
Levei a aplicación a un punto no que tiña todo o que eu necesitaba persoalmente para substituír a versión da liña de ordes que desenvolvín hai uns anos na que se basea Nutrinte. Simplemente o optimizador xa me permite conseguir en segundos o que antes me levaba horas.
Despois púxenme a escribir o titorial, e decidín que non tiña sentido publicar a aplicación se non podía conseguir que o titorial fose sinxelo para calquera usuario, así que me puxen a implementar funcionalidades adicionais para unha mellor experiencia de usuario, como os modelos de alimentos, unha sorte de alimentos predefinidos na aplicación con nome e descrición traducibles e seleccionables mediante completación automática ao introducir ingredientes nun menú.
4h 20m
2h
Revisei e propuxen cambios na documentación para a eliminación da
versión síncrona de process_spider_output(), anovei a versión de
sphinx-scrapy que usa Scrapy para que a páxina de configuración volva
listar ao final opcións documentadas noutras páxinas, e xestionei unha
petición para engadir metadatos de citación ao proxecto.
1h 5m
Documentei como savefixture permite pasar opcións -s e comecei a
engadir InjectionMiddleware.get() para facilitar o acceso a ese
mediador desde compoñentes de Scrapy.
40m
Revisei unha proposta para mellorar significativamente o rendemento de
w3lib.url.
25m
Engadín compatibilidade coa codificación JSON de valores date e
datetime.
5m
Revisei unha solicitude de cambios que engade unha proba contra un sitio web real.
5m
Integrei a corrección de Laertes para un problema de Scrapy e publiquei a versión 0.8.6.
0m
0m
3h 5m
3h 5m
Fixen posible definir SessionConfig.params como asíncrono e publiquei
a versión 0.34.0 co cambio, e traballei en actualizar o cálculo da
pegada das solicitudes para que os parámetros de Zyte API se teñan en
conta cando afectan a solicitudes de scrapy-poet.
0m
2h 30m
2h 20m
O corrector de galego de Firefox vai un anos por detrás do corrector de hunspell, que utiliza internamente.
Este mes traballei en automatizar o proceso, de forma que cada vez que se publique unha nova versión de hunspell-gl, automaticamente se poida actualizar o corrector de galego de Firefox con esa versión.
Estou á espera de que o mantedor da extensión teña tempo de revisar e aprobar o cambio para poñelo en marcha.
10m
Revisei traducións ao galego de programas de Mozilla en Pontoon.