Financiada por Zyte
90h 20m
Financiada por Zyte
90h 20m
Persoal
1h 20m
Financiada pola comunidade
0m
Se ben non teño ningunha expectativa ao respecto nin intención de promovelo activamente, estou aberto a aceptar doazóns e comprometer un tempo correspondente ao mes a proxectos de programas libres da lista de embaixo.
Vivo en España e, por motivos legais, para aceptar doazóns recurrentes deberei darme de alta como autónomo, o que conleva uns gastos mínimos que non quero afrontar ata ter certa seguridade de que, como mínimo, non perderei cartos cada mes por aceptar doazóns.
Esa é a cantidade mínima que considero suficiente para que sexa improbable que acabe perdendo cartos cada mes. Calcúlase sumando os gastos fixos mensuais estimados de estar dado de alta como autónomo (cotizacións, impostos e custos administrativos) e dividindo ese total polo tempo mensual que comprometería para o traballo comunitario. Como aumenten os custos de vida (por exemplo a vivenda), os minutos por € irán diminuíndo cada ano.
Reclamarei as doazóns e comezarei a adicar 2,99 minutos / € ao mes aos proxectos listados embaixo.
Unha vez reclame as doazóns, comezarei a aceptar solicitudes para crear equipos de Liberapay asociados a grupos de proxectos concretos ou a proxectos individuais listados embaixo. Deste xeito, poderás doar a un grupo ou proxecto específico, e eu empregarei o tempo correspondente traballando nese grupo ou proxecto.
Non teño pensado dar esa opción de primeiras. Pero se te interesa, contáctame e falámolo.
Sorprenderíame moito, pero o plan é:
51h 15m
41h 55m
Aparte das habituais revisións de código, e de revisar as solicitudes de cambios e incidencias máis recentes e dun mes de antigüidade:
Traballei nunha nova API de
limitación que substitúe
AutoThrottle por un novo compoñente de limitación integrado no motor,
con desaceleración (backoff) e aceleración (rampup) configurables,
atrasos por solicitude, e compatible coa información ao respecto que
fornecen os sitios web obxectivo (mediante robots.txt e cabeceiras de
resposta).
Retomei o traballo no infame CVE de 2013. Analizara o problema en profundidade en febreiro de 2024, propuxera unha solución en varias partes, e publicara un borrador da primeira parte. Agora completei o borrador e espero solucionar o problema dunha vez por todas.
Creei un intermediario para detectar copias de metadatos de solicitude.
Na documentación:
Aumentei a cobertura das probas.
2h 15m
Extendín as probas de rendemento de URL para cubrir o rendemento sen
caché e preparei a adopción
de can_ada para a análise de
URL, o que soluciona varios
problemas e de paso mellora ata un 30% o rendemento dalgunhas API de
URL.
Tamén revisei solicitudes de cambios.
2h 5m
Revisei solicitudes de cambios.
1h 35m
1h 25m
Corrixín un erro de análise e publiquei unha nova versión co cambio. Tamén revisei solicitudes de cambios.
1h 20m
40m
39h 5m
37h 50m
Creei unha solicitude de cambio para permitir usar o modo de intermediación de maneira nativa, en vez de ter que usar scrapy-zyte-smartproxy, e de forma que, ao usar a asociación automática de parámetros de solicitude, se use automaticamente cando sexa posible, xa que debería ofrecer un mellor rendemento (menos latencia e tráfico). Pero é un cambio complicado, así que pode que os cambios non se integren ata dentro duns anos.
Fixen que se eliminen, cun aviso, os rastros cun tamaño superior ao que Zyte API permite.
Propuxen xestionar debidamente os erros de superación de límite de sesión e de creación de sesión.
Fixen que as redireccións que sucedan en Zyte API tamén se rexistren.
Na documentación:
Fixen que as probas deixasen de enviar unha solicitude a toscrape.com.
Propuxen un apaño para evitar que certas probas fallen de maneira aleatoria.
1h 15m
Comecei a traballar nunha reorganización da documentación, empezando polo índice e pola páxina de colaborar.
1h 20m
1h 20m
Continuei traballando no titorial e nas funcionalidades relacionadas.