Persoal
142h 50m
Persoal
142h 50m
Financiada por Zyte
52h
Financiada pola comunidade
0m
Se ben non teño ningunha expectativa ao respecto nin intención de promovelo activamente, estou aberto a aceptar doazóns e comprometer un tempo correspondente ao mes a proxectos de programas libres da lista de embaixo.
Vivo en España e, por motivos legais, para aceptar doazóns recurrentes deberei darme de alta como autónomo, o que conleva uns gastos mínimos que non quero afrontar ata ter certa seguridade de que, como mínimo, non perderei cartos cada mes por aceptar doazóns.
Esa é a cantidade mínima que considero suficiente para que sexa improbable que acabe perdendo cartos cada mes. Calcúlase sumando os gastos fixos mensuais estimados de estar dado de alta como autónomo (cotizacións, impostos e custos administrativos) e dividindo ese total polo tempo mensual que comprometería para o traballo comunitario. Como aumenten os custos de vida (por exemplo a vivenda), os minutos por € irán diminuíndo cada ano.
Reclamarei as doazóns e comezarei a adicar 2,99 minutos / € ao mes aos proxectos listados embaixo.
Unha vez reclame as doazóns, comezarei a aceptar solicitudes para crear equipos de Liberapay asociados a grupos de proxectos concretos ou a proxectos individuais listados embaixo. Deste xeito, poderás doar a un grupo ou proxecto específico, e eu empregarei o tempo correspondente traballando nese grupo ou proxecto.
Non teño pensado dar esa opción de primeiras. Pero se te interesa, contáctame e falámolo.
Sorprenderíame moito, pero o plan é:
87h 50m
87h 50m
Fixen grandes avances na folla de ruta. Completei o primeiro capítulo do titorial e redactei o resto, rematei e internacionalicei a documentación (pasando de ficheiros YAML a Sphinx), engadín moitos modelos de alimentos novos e compatibilidade con máis bases de datos de alimentos, reformulei as pautas para que coincidisen cos datos de referencia (incluíndo autoridades configurables, límites por calorías, axuste de pautas para embarazo e tabaco), e implementei unha longa lista de funcionalidades novas, como etiquetas de menús, seguimento de peso, exportación e importación de menús, conversión de unidades, notas de comidas e duracións de menús.
55h
55h
Foi un experimento: usei Godot para intentar crear un xogo de acción e rol baseado en A batalla polo Noroeste. Xa decidín abandonar o proxecto.
51h 35m
50h 35m
Ademais de revisar moitas solicitudes de cambios, abrín 45 solicitudes de cambios, das cales 27 xa foron integradas. En CI e ferramentas, configurei CodSpeed, pasei a instalar dependencias con uv, e reducín a matriz de traballos de probas mantendo a cobertura.
Mellorei a cobertura das probas de scrapy.utils, scrapy.commands,
scrapy.extensions, scrapy.pipelines, scrapy.cmdline e das arañas.
Engadín scrapy.utils.asyncio.sleep(), compatibilidade con
CONCURRENT_REQUESTS = 0 para simultaneidade ilimitada,
RobotParser.crawl_delay() e un sinal robots_parsed, exportación dos
campos de elemento en orde de declaración, AWS_MAX_POOL_CONNECTIONS,
e tratar os rexistros de caché rotos como fallos de caché. Tamén
corrixín un problema de porto co DNS cacheado.
Documentei urlparse_cached, engadín seccións de documentación para
callbacks e errbacks, engadín unha referencia de estatísticas, e
convertín varias páxinas de documentación a autodoc (contratos,
trackref, estatísticas, excepcións e arañas).
Tamén propuxen marcar como obsoleta a propiedade de araña
download_delay, limitar o tamaño das cabeceiras de resposta como fan
os navegadores, compatibilidade con mandatarios HTTPS con Twisted e con
aioboto3, un novo modo para a exportación a ficheiro, e xestión de
cabeceiras incorrectas como fan os navegadores no manexador de descarga
predeterminado. Seguín traballando na nova API de
limitación e resolvín
conflitos nas miñas solicitudes de cambios máis antigas.
35m
Revisei solicitudes de cambios, incluídas as notas da versión 1.5.0.
10m
Propuxen detectar só obxectos e matrices JSON como JSON, caché de traducións de CSS a XPath por instancia, e un titorial interactivo de XPath. Tamén revisei solicitudes de cambios.
5m
Corrixín os indicadores de padrón e a ancoraxe de JSON
Schema, propuxen
usar $defs/$ref para clases de elemento reutilizadas e
recursivas, e revisei
unha solicitude de cambios.
5m
Engadín un ambiente mínimo de CI e revisei solicitudes de cambios.
5m
Revisei unha serie de solicitudes de cambios de análise de URL e resolvín conflitos na miña solicitude de cambios de can_ada.
25m
25m
Fixen posíbel non usar un
reactor,
para permitir desactivar o reactor de Twisted, e propuxen
permitir descartar sesións desde
código,
que as estatísticas se poidan
ligar, e
unha nova entrada de páxina:
ZyteApiParams.